domingo, 17 de mayo de 2015

O futuro do meu mundo

E a última entrada deste curso e estamos a tratar como se desenvolvese o mundo no futuro. Nas entradas anteriores, procurei situarme nun mundo de máquinas, nun mundo sen propiedade e con igualdade.
Pero cando penso como sería o mundo que me gustaría cando fose un ancián: quero velo cheo de esperanza e vida, un mundo sen ricos, moi ricos, nin pobres. Me gustaría que non houbese xente que pasase necesidades, e que os avances médicos axudasen a facilitar e mellorar a vida de toda a población, que non houbera enfermedades, e que as enfermidades que hoxe nos parecen incurables se puidesen curar.
Pero con todo iso se plantearía un problema de superpoboación. Como se podería solucionar? Cando penso en todo isto, acórdome das culturas mais desenvolvidas a de Mesopotamia, os incas ou os maias. É indiscutible o seu desenvolvemento en todos os ambitos, pero non obstante acabaron desaparecendo.
Polo que o resultado dos meus pensamentos en canto o futuro do xénero humán e ao remate bastante negativo, xa que despois de tanto desenvolvemento e tantos avances, o mundo xeneraría máis xente, máis lonxeva e co resultado de que os recurso naturais son limitados, se volvería a querer ter cada cual o seu e o dos demais, comenzarian as loitas de poder e con iso as guerras. Con todo iso e por desgracia para os seres volveríamos a comenzar a roda na que estamos inmersos agora. Desigualdade, corrupción, poder.... Non aprenderemos nunca a lección, pero o noso futuro depende de nos , da xeneración que nos toca melloralo si é certo que queremos facelo.

O LIBOR DA BISABOA

Onte encontrei unha cousa moi vella na miña casa. preguntei que era, e ninguén me sabia contestar, despois de pensar moito a miña bisavóa díxome que era un libro electrónico que usaban os seus pais, púxenme a miralo e quedei impresionado, cando falaba de que os negros de Africa vivían nunhas condicións infrahumanas, debido a que os países desenvolvidos explotaban e minguaban a riqueza natural dese continente. Chamaba países desenvolvidos a Estados Unidos, que estaba en América, Alemaña en Europa, Xapón en Asia, e despois falaba doutros países do norte de Europa. Cando me decatei estaba a rir case sen poder crer a cantidade de tonterías que ali se dicían. Agora no ano 2106 os continentes son América, Afriropa, e Asia. O resto é todo mar. E ademais é máis rico o sur de Afriropa que o norte. Non sei o que é un negro, agora todos temos a mesma cor de pel, entre un ton marrón, aínda que hai xente que teñen os ollos resgados.
Contaba no libro que en Africa, como eran tan pobres tiñan moitas enfermidades, é non podían vivir nunhas condicións dignas, moita xente morría , e os que mais, os nenos , daban uns números de millóns de persoas. Iso , hoxe non ocurre, todos temos unha vivenda , todo o mundo ten traballo e non existen países ricos nin pobres,en verdade non sei moi ben o que é un país , cando alguen descobre algo é de todo o mundo , e non existen os países, ninguén e dono de ninguén e todo é de todos.
Que idea tan absurda pensar en que alguén ten que mandar sobre ti , si cada un de nos sabemos o que temos que facer. Tamén no libro , falaba sobre unhas habitacións que lle chamaban cárceres, polo que puiden entender, ali metían as persoas que non cumplían as leis. Hoxe , a única lei que existe e non facer dano a ninguén e coa idade que teño, casi 40 anos, non coñezo a persoa que se lle pasara pola cabeza semellante tonterías
Cando rematei de leer o libro, pensei moito nel ,non creo que me gustara vivir naquela época, pero non dixen nada xa que non quixen molestar a miña bisavoa.

domingo, 3 de mayo de 2015

A DECADENCIA DO FUTURO

Corre o ano 2100 , son as 6 da mañá e teño que saír da miña casa para ir o traballo, senon son puntual a miña xefa obrígame a estar todo o día empaquetando , somos moi poucos humans na fábrica, todo son máquinas, os xefes, os encargados. 

Os humans somos minoría, temos os peores traballos da cidade e non nos pagan por eles. Dende fai moitos anos o mundo esta dirixido polas máquinas, iso leva a moitos problemas xa que eles non teñen pensamentos, non senten, e poden facelo que lles prazca.

Queda sempre a esperanza de que o mundo volva a ser o de fai mil anos, pero chegouse a isto xa que os homes sempre pelexaban e había guerras continuamente. Fóronse deixando de lado os sentimentos, e as máquinas foron facéndose co poder.

Parece un conto pero aquelo que os homes crearon convertíronse nos opresores. No meu pobo hai xente que nos estamos rebelando e procuramos facer o posible para que as máquinas deixen de controlarnos, cada vez que podemos as saboteamos. Nos estamos xugando a nosa vida, xa que elas son implacables e non se andan con tonterias cando hai que castigar.

 Fai un tempo encontrei, nun recuncho, un libro moi antiguo no que se falaba de que os traballadores tiñan dereitos e iso deume moito que pensar, o porque os que mandan destruíron todos os libros, e cheguei a conclusión que non queren que pensemos por nos.

 Non sei si o mundo antes, con todo o malo que tiña era mellor, polo menos as persoas dalgún xeito eran libres para decidir equivocarse e poder aprender do que facian mal. Hoxe vivimos as consecuencias da ambición e do mal facer dos nosos antepasados.