domingo, 17 de mayo de 2015

O futuro do meu mundo

E a última entrada deste curso e estamos a tratar como se desenvolvese o mundo no futuro. Nas entradas anteriores, procurei situarme nun mundo de máquinas, nun mundo sen propiedade e con igualdade.
Pero cando penso como sería o mundo que me gustaría cando fose un ancián: quero velo cheo de esperanza e vida, un mundo sen ricos, moi ricos, nin pobres. Me gustaría que non houbese xente que pasase necesidades, e que os avances médicos axudasen a facilitar e mellorar a vida de toda a población, que non houbera enfermedades, e que as enfermidades que hoxe nos parecen incurables se puidesen curar.
Pero con todo iso se plantearía un problema de superpoboación. Como se podería solucionar? Cando penso en todo isto, acórdome das culturas mais desenvolvidas a de Mesopotamia, os incas ou os maias. É indiscutible o seu desenvolvemento en todos os ambitos, pero non obstante acabaron desaparecendo.
Polo que o resultado dos meus pensamentos en canto o futuro do xénero humán e ao remate bastante negativo, xa que despois de tanto desenvolvemento e tantos avances, o mundo xeneraría máis xente, máis lonxeva e co resultado de que os recurso naturais son limitados, se volvería a querer ter cada cual o seu e o dos demais, comenzarian as loitas de poder e con iso as guerras. Con todo iso e por desgracia para os seres volveríamos a comenzar a roda na que estamos inmersos agora. Desigualdade, corrupción, poder.... Non aprenderemos nunca a lección, pero o noso futuro depende de nos , da xeneración que nos toca melloralo si é certo que queremos facelo.

O LIBOR DA BISABOA

Onte encontrei unha cousa moi vella na miña casa. preguntei que era, e ninguén me sabia contestar, despois de pensar moito a miña bisavóa díxome que era un libro electrónico que usaban os seus pais, púxenme a miralo e quedei impresionado, cando falaba de que os negros de Africa vivían nunhas condicións infrahumanas, debido a que os países desenvolvidos explotaban e minguaban a riqueza natural dese continente. Chamaba países desenvolvidos a Estados Unidos, que estaba en América, Alemaña en Europa, Xapón en Asia, e despois falaba doutros países do norte de Europa. Cando me decatei estaba a rir case sen poder crer a cantidade de tonterías que ali se dicían. Agora no ano 2106 os continentes son América, Afriropa, e Asia. O resto é todo mar. E ademais é máis rico o sur de Afriropa que o norte. Non sei o que é un negro, agora todos temos a mesma cor de pel, entre un ton marrón, aínda que hai xente que teñen os ollos resgados.
Contaba no libro que en Africa, como eran tan pobres tiñan moitas enfermidades, é non podían vivir nunhas condicións dignas, moita xente morría , e os que mais, os nenos , daban uns números de millóns de persoas. Iso , hoxe non ocurre, todos temos unha vivenda , todo o mundo ten traballo e non existen países ricos nin pobres,en verdade non sei moi ben o que é un país , cando alguen descobre algo é de todo o mundo , e non existen os países, ninguén e dono de ninguén e todo é de todos.
Que idea tan absurda pensar en que alguén ten que mandar sobre ti , si cada un de nos sabemos o que temos que facer. Tamén no libro , falaba sobre unhas habitacións que lle chamaban cárceres, polo que puiden entender, ali metían as persoas que non cumplían as leis. Hoxe , a única lei que existe e non facer dano a ninguén e coa idade que teño, casi 40 anos, non coñezo a persoa que se lle pasara pola cabeza semellante tonterías
Cando rematei de leer o libro, pensei moito nel ,non creo que me gustara vivir naquela época, pero non dixen nada xa que non quixen molestar a miña bisavoa.

domingo, 3 de mayo de 2015

A DECADENCIA DO FUTURO

Corre o ano 2100 , son as 6 da mañá e teño que saír da miña casa para ir o traballo, senon son puntual a miña xefa obrígame a estar todo o día empaquetando , somos moi poucos humans na fábrica, todo son máquinas, os xefes, os encargados. 

Os humans somos minoría, temos os peores traballos da cidade e non nos pagan por eles. Dende fai moitos anos o mundo esta dirixido polas máquinas, iso leva a moitos problemas xa que eles non teñen pensamentos, non senten, e poden facelo que lles prazca.

Queda sempre a esperanza de que o mundo volva a ser o de fai mil anos, pero chegouse a isto xa que os homes sempre pelexaban e había guerras continuamente. Fóronse deixando de lado os sentimentos, e as máquinas foron facéndose co poder.

Parece un conto pero aquelo que os homes crearon convertíronse nos opresores. No meu pobo hai xente que nos estamos rebelando e procuramos facer o posible para que as máquinas deixen de controlarnos, cada vez que podemos as saboteamos. Nos estamos xugando a nosa vida, xa que elas son implacables e non se andan con tonterias cando hai que castigar.

 Fai un tempo encontrei, nun recuncho, un libro moi antiguo no que se falaba de que os traballadores tiñan dereitos e iso deume moito que pensar, o porque os que mandan destruíron todos os libros, e cheguei a conclusión que non queren que pensemos por nos.

 Non sei si o mundo antes, con todo o malo que tiña era mellor, polo menos as persoas dalgún xeito eran libres para decidir equivocarse e poder aprender do que facian mal. Hoxe vivimos as consecuencias da ambición e do mal facer dos nosos antepasados.

miércoles, 22 de abril de 2015

FERROL CIDADE FANTASMA

Son un ancián, teño 109 anos e estamos no ano 2106. Fai moitos anos vivín nunha cidade que está no norte de Galicia e se chamaba Ferrol. Hoxe regreso a ela e os meus ollos énchense de lágrimas e o meu pensamento van a recordos que quedaron no fondo dun pozo e que hoxe emerxen.Ferrol, cando eu era un mozo, era unha cidade viva, con fermosos edificios e bonitas rúas, nalgunhas épocas do ano enchíase de xente alegre que recorría as súas rúas.

Hoxe, día 23 de Abril do ano 2106, conseguín grazas ao progreso ter unha vellez boa, vivir un montón de anos, pero descubrir que todo aquilo que recordaba deixo de existir, cando atraveso a Ponte das Pias, encontro un barrio, Caranza, no que as torres que eu recordaba xa non están, algunhas estan en ruínas, outras xa non existen. Diríxome cara á rúa na que vivín na miña infancia e xuventude, a Avenidad de Esteiro, dende a miña habitacion veía unha rúa ancha, con arbores e con xente rindo e falando nas súas terrazas. Agora vexo desolación, non hai beirarrúas, non hai arbores e non hai xente. A miña casa xa non existe, non hai nada, só herbas, algúns animais e moito, moitísimo lixo, algunha que outra rata camiña coma se fose súa a rúa, as gaivotas comen o lixo.

Camiño polas rúas do centro, aquelas que me fan recordar épocas mellores, con deseño de edificios de douscentos anos atras, aqueles que chamaban modernistas. No percorrido que fago polas súas rúas non hai ninguén, non se ve unha soa persoa. O mar foise apropiando das zonas que no seu momento os homes roubaron á natureza. Hai barcos semiafundidos, cheos de oxido e vellos.Nunca debería ter regresado, gustaria morrerme coa idea do Ferrol que conoci, con xente, con vida....Hoxe Ferrol é unha cidade fantasma.

domingo, 22 de marzo de 2015

A LINGUA GALEGA





Hoxe quero rendir un homenaxe a familia materna da miña nai. Miña aboa naceu nunha aldea preto de Santiago, nos anos vinte. Aunque esa aldea está a uns13 Kilometros de Santiago, naquel momento era como se estivera a 1000 , xa que o mundo rural era moi atrasado, contan que ela iba a escola que lle quedaba lonxe pero que para ela era unha delicia ir, xa que tiña unha maestra que lle inculcou o amor aos libros e ao coñecemento.

    Cando tiña nove anos foi para Santiago interna a un colexio de monxas, onde estudiaban as nenas ricas. Como ela falaba galego as nenas reíanse e as monxas a castigaban, pasou catro meses sen fala, asimilando todas as palabras que iba oindo, chegando a pensar as profesoras que era media parva. Cando transcorreu o tempo suficiente e ela encontrouse confiada, nunha clase de castelán ,o seu español era perfecto asi como a gramática utilizada, dende aquela sempre utilizou o español ata que morreu. Pero di miña nai que cando estivo moi enferma volveu a utilizar o galego, asi tamén cando reñía con ela, creo que con bastante frecuencia.


    A súa nai, e dicir a miña bisaboa, era a dona de moitas fincas, pero non podía facer uso das propiedades, xa que meu bisabo estaba emigrante na Arxentina, e cando había que vender ou comprar algunha cousa importante era necesaria a sua firma. El viña cada catro o cinco anos, deixando a miña bisaboa co todo o traballo e responsabilidade. A medida que vou escribindo isto doume conta que de algunha maneira a miña familia sempre foi un " matriarcado" , as mulleres levaron sobre os seus lombos o peso da vida.Dende aqui e sendo ista a última entrada sobre a familia. Ei de decir que ademais de aprender moitas cousas que non sabía de eles. Dame un pouco de medo ser home nesta familia.



Nesta imaxe de Castelao podemos apreciar o trato que recibe o galego nese momento, debido a que era consiederado lingua de incultos e paletos.

domingo, 15 de marzo de 2015

Os nosos dereitos consegidos por eles.


Hoxe, quero compatir con vos a importancia da familia, a distinta visión que teñen os nosos pais e nos de algo tan primario como a familia.

Miña nai e a filla pequena, despois de dous irmáns, e naceu nos anos de "prosperidade" da ditadura. Os seus pais , ambos traballaban, pero sempre comenta que todos tiñan que axudar nas tarefas que seus pais lles encomendaban. O seu irmán que se leva dez anos coa miña nai estudiou Maxisterio e despois Filosofía e Letras, pero a elección de estudiar primeiro a carreira de Maxisterio non se planteu na casa, xa que parece que a miña aboa tiña un colexio en Santiago e como se lle había diagnosticado unha enfermidade, deberían seguir mantendo o colexio. Meu tio chegou a ser alguen importante no seu traballo con un montón de premios e ten un reconocido prestixio a nivel internacional.. A miña tía tamen fixo Maxisterio e despois Medicina, cando aprobou o MIR chegou a ser a primeria xefa de urxencias dun gran hospital, estou falando do comenzo dos anos 80. Miña nai fixo Dereito,e cando finalizou terceiro, fíxose cargo da dirección do Colexio, cando rematou a carreira fixo unha oposición, logrando ser a Secretario xudicial mais xoven do Estado.

 Todos eles contan que para gañar algún diñeiro extra daban clases particulares o coidaban rapaces os fines de semana, para eles é importante a palabra estudio,responsabilidade e disciplina. Estas son palabras que oio seguido na miña familia. A pregunta que eu fago é : Antes cos medios limitados que se tiñan podiase chegar a facultade, estudar, participar na vida social e política que naquel momento era efervescente e hoxe que temos medios para alcanzar todo porque non se chega a iso? Cando ese tema se fala na casa, miña nai di que a súa xeneración non soubo educar os fillos, que todo se lles deu feito e que de algunha maneira absorberon a personalidade dos fillos.

A xeneración da posguerra , con iso , refirome aos nacidos a partir do ano 50 ao 60, tiveron que facer valer os seus dereitos un a un , e despois lograr manter cada un"dos pasos" ganados. Nos crecimos con eles, son algo inherente a nosa vida, e ao mellor non damos importancia a que todos os dereitos que temos foron froito da loita dos nos pais ,avós... Para eles é importante as palabras estudo, responsabilidade , disciplina, axuda desinteresada. Estas son palabras que oio seguido na miña familia, son os valores que fundamentan a familia, eu penso que non teñen razón, creo que a familia é un accidente , onde naciches é algo que non ten que ver coa vida de cada quen, que estamos influenciados polas amistades, pola tecnoloxía e porque o noso mundo non ten nada que ver co deles. Non digo que non sexa importante a familia, pero a traves de estas entradas que estou facendo, non me vexo reflexado neles, non teño nada que ver con eles. Pero podo asegurar que non sou adoptado, xa que teño o mesmo ¨pronto¨que os Pazo, según conta miña nai.

miércoles, 4 de marzo de 2015

As mentiras da ditadura

Nas escolas de emigrantes eran, en xeral, onde todos os nenos educados no sistema de Libre Ensino que por razóns económicas fundamentalmente tiñan que emigrar, o facían non obstante en condicións distintas ás dos seus pais, non só por posuír unha maior e mellor instrución, senón tamén por emigrar ao Novo Continente cunha clara percepción de grupo, un afianzado nacionalismo e unha ideoloxía de esquerda e republicana, que no seu interior fora implantada polas ensinanzas de mestres concienciados da súa identidade galega, tratando de espertar en mozos campesiños que vivían en precarias condicións e mal comunicados co exterior, o interés polo coñecemento, a cultura e a liberdade que esta permite aos que a adquiren. Pero os mestres que guiaban estes alumnos, tiñan unha traxectoria anterior á República que foi truncada pola guerra, tal é o caso de dona Emilia Álvarez, " Mama Emilia", mestra,orixinaria de Malpica (Toledo) e esposa de don Pelayo Pazo, que tiveron dez fillos, de os cales oito se dedicaron ao ensino. Dona Emilia, como mestra de instrución primaria e fervente seguidora da Escola de Libre Ensino, educou os seus fillos en este sistema de libre pensamento e formación integral. O seu fillo, Eduardo Pazo Álvarez,recoñecido mestre e matemático, foi perseguido en 1936 por sustentar "perigosas ideas"; profesor na escola de San Andrés de Somoza (A Estrada), tivo que esconderse en vista dos acontecementos que se viviron na Estrada o 18 de Xullo, dos que fai un emotivo relato Blanco Fontes, onde se fai referencia á rápida captura que levaron a cabo os falanxistas dos estradenses considerados "perigosos" .Eduardo foi escondido acertadamente pola súa familia, salvándose así do encarceramento e ata da morte, situación que viviron os seus compañeiros; saíu por Portugal rumbo a Cuba en calidade de exiliado, onde permaneceu ata 1959. A partir desta data e a instancias da súa irmá Conchita desprazouse a México onde exerceu como profesor universitario ata 1972.De a súa irmá, María Concepción Pazo Álvarez, encontrábase instalada no sur da cidade de México dende 1946, exercendo como mestra de primaria no Colexio Madrid casada con Celestino López López, republicano e masón. Casados en 1935, víronse obrigados a separarse un ano despois, para evitar as represalias do réxime franquista,xa que temían pola súa vida ademais de poñer en perigo a seguridade do resto da familia. Celestino, ao igual que o seu cuñado, foron escondidos durante máis dun ano por amigos e familiares. Ambos os dous fuxiron de diferentes formas por Portugal, Eduardo, e embarcado furtivamente na Coruña, Celestino, xa que a súa condición de escondidos os obrigou a chegar ao continente americano por vías pouco ortodoxas. Dez anos esperou Celestino López a Concepción na cidade de México, renuente esta a separarse da súa nai dona Emilia, en 1946, decidiu a acompañar o seu esposo no exilio . Esta profesora estradense tivo deixar o seu traballo como "agregada de inspección" en Santiago de Compostela para reunirse co seu esposo ,ambos os dous integráronse ao mundo "intelectual e social do exilio mexicano". Celestino López, formou parte do grupo Alianza Nacional Galega. Para sobrevivir no país de acollida, súa principal ocupación foi a de distribuidor de películas mexicanas -na época dourada do cine mexicano. Como escritor afeccionado, publicou un curioso libro de viaxes que tivo dúas edicións, as segundas das cales foi valorada e corrixida por un antropólogo mexicano; nesta obra relata as súas experiencias e observacións nunha viaxe por barco a través do Amazonas. A súa participación como masón, republicano, e os seus contactos, relacións e ideoloxía política, son débedas pendentes de investigación, polos galegos de hoxe que debemos reconstruír e unir a dispersa historia da xeración "perdida" para España pero "gañada" para México.Celestino López e a súa esposa non tiveron fillos.
A Guerra Civil e a larguisima ditadura fixeron caer sobre Galicia un enorme veo de silencio non só institucional, senón tamén no ámbito persoal, entre os afectados, que viron morrer, perseguir e encarcerar a algúns dos seus, e obrigando por temor primeiro e necesidade despois, a exiliarse fillos, pais, esposos e irmáns que nunha situación normal non tivesen elixido ese destino. Algunhas familias especialmente comprometidas tiñan os seus fillos no estranxeiro, pero non se falaba nunca das razóns que os levaran a este desterro. Non obstante gardábase silencio sobre o por que. Non se explicaba á maioría dos seus membros a verdadeira razón deste exilio. Por iso sempre se se dixo na miña familia que Mamá Emilia ademais de ser unha muller que tivo a os seus fillos derredor dela , era unha muller conservadora e moi relixiosa, so cando chegou de Mexico a sua filla Conchita , a familia da miña nai comenzou a coñecer os padecementos que habian tido polo exilio e as consecuencias funestas da guerra .

domingo, 22 de febrero de 2015

Un exemplo de altruismo



Hoxe quero falaros dun familiar moi afastado para min pero que sempre oin falar del , é o tatarobó da miña nai, pero ten unha historia moi interesante. Chamábase Serafin Pazo Cumbraos e naceu no ano 1827 segundo consta no folio 102 do libro II de nacementos da parroquia de San Paio de Figueroa, transcrita de seguido:
"En tres de mayo año de mil ochocientos veintiocho, yo, don Miguel Julián de la Iglesia, cura ecónomo de San Pedro de Toedo y San Pelayo de Figueroa, dentro de la iglesia de esta bauticé solemnemente y puse los santos óleos a un niño que nació el mismo día, hijo legítimo de Manuel do Pazo y Manuela Cumbraos, vecinos de Figueroa, Jugar de la Estrada; abuelos paternos, Antonio do Pazo y Porto y Josefa Rodríguez, vecinos de San Lorenzo de Ouzande, materno el inconito y la abuela Dominga Cumbraos, vecina de San Salvador de Escuadro. Púsele por nombre Serafín. Sus padrinos: Manuel Paseyro, soltero vecino de Figueroa, lugar de la Estrada y Bentura do Pazo, también soltera y vecina de San Lorenzo de Ouzande; advertiles lo que previene el ritualromano y para que conste lo firmo con el actual cura de las referidas parroquias, cumpliendo con lo mandado por el Excmo. SeñorArzobispo en su auto de aprobación que obra a los folios nobenta y seis y nobenta y siete de este libro.
Asinado: Manuel Álvarez Monteserín; Miguel Julián de la Iglesia."
Morreu no ano 1907, foi un médico moi prestixioso na Estrada, antes de que ese pobo fose consolidado como tal.Seu pai era alcalde da Estrada e xunto con él e outros organizan unha Xunta Revolucionia na Estrada. Foi acusado xunto aos seus compañeiros de recadar armas, cabalos e diñeiro para a devandita Xunta. Cando chega a Santiago a estudar Medicina empeza a moverse en ambentes de ideas liberais e traba amistade con un irmán de Eugenio Montero Ríos, comenzando a dominar a arte da oratoira, na que destaca toda súa vida. Traballou en diversas localidades da zona,xa que era unha zona de tránsito para peregrinos, arrieros, chegados polo antigo Tabeirós dende os moitos puntos xeográficos de Portugal, Castela e Galicia ata chegar a Santiago e cando xurdio unha amenaza de cólera nos anos 1855-1859, onde xa estaba establecido como médico de arrendados dende o ano 1854, na súa vila, entregándose co verdadeira abnegación e profesionaldidade non só na Estrada senon tamén nas localidades colindantes.
Estivo a piques de ser diputado a Cortes xunto con Castelar, era un home progresista e altruista. Adiantouse a vacuna contra a rabia, xa que tivo unha gran formación científica, pero aunque todos coñecen que curou a moitisimas persoas incluso a súa fama atravesou as fronteiras, cando finou , quemou as súas formulas, antes de que Pasteur probase o farmaco no ano 1855. Polo seu caracter altruista e a sua modestia morreu pobre. De feito pola sua dedicación concederonlle a medalla de Isabel la Católica y Carlos III.Casou con Francisca Alvarez, despois de falecer a súa muller, e recoñece ao fillo que tivera con ela , cando iste tiña dez anos Pelayo Cirilo Antonio Miguel , este casou con "Mamá Emilia " pero iso xa é outra historia.

sábado, 14 de febrero de 2015

Sairemos como Galegos!


Nas entradas anteriores a miña intención era desmontar os tópicos referentes
aos galegos. Nesta última publicación dalgunha forma pretendo
resumir o que eu penso da nosa mentalidade e da forma de ver as
cousas por iso o resumo co seguinte video que para min é
significativo do que é Galicia e nosa forma de pensar.





sábado, 7 de febrero de 2015

A DESGRACIA DA EMIGRACION

Temos fama de ser traballadores, de traballar ata deslomarnos , algúns chámanlle responsabilidade outros necesidade. Eu non sei moi ben como chamar. Sei que traballamos dentro e fora de Galicia dende sempre, cando os nosos campos estaban secos a xente iba a traballar a sega e a vendimia de Castela, cando os campos foron deixando paso as cidades, a xente comenzou a emigrar ao outro lado do Atlántico : Mexico, Arxentina e Cuba foron os destinos do pobo galego .

A nosa fama non tiña fronteiras, nos paises de América a os emigrantes españois chamanlles "gallegos", tivemos sempre os peores traballos, e non sempre ben pagados, por iso cando vexo os emigrantes que volven, e traen diñeiro , penso se lles compesou tanta amargura e tanto traballo. Algúns queren demostrar o ben que lles foi , facendo boas casas e dando a entender a os veciños a súa boa fortuna, outros non son tan afortunados. Pero todos eles non se sinten nin galegos nin da terra que os acolleu, algúns deles levan lonxe moitos anos polo que os seus descendentes xa os teñen ali, onde sexa unha vida feita, outros senten sempre morriña de aquelo que deixaron. Aqui deixaban a súas mulleres e os seus fillos, creo que nunca se valorou suficientemente á muller do emigrante, aquela que non só coidaba e educaba soa aos fillos senon que tamén procuraba que o pouco que tiñan aqui se mantivese, sen capacidade para poder negociar o manexar o patrimonio familiar.

Cando falamos dos emigrantes, paréceme que nos refimos a os comenzos do século XX. , Entre 1900 e 1981, a saída neta de galegos foi de máis de 825.000, de feito, a cidade co segundo maior número galegos no mundo é Bos Aires, Arxentina, onde a inmigración procedente de Galicia foi masiva. Durante o franquismo, houbo unha nova onda de emigración dende Galicia a outros países europeos, sobre todo a Francia, Suíza, Alemaña e o Reino Unido. Pero hoxe temos outros emigrantes. Aqueles que non encontran un traballo na súa terra e teñen que ir a buscar a vida noutros lugares. Quero mencionar a xente que finaliza os seus estudos e buscan unha nova vida fora, a os que non encontran traballo porque pechan as empresas e deciden buscar algún lugar que os acolla , e igual que se trate de xente con estudos que sin eles, todos son emigrantes , aqueles que de forma obligada deixan a súa terra para encontrar sustento noutra.

Nos ,que en todas as familias houbo algún emigrante, como podemos negar o dereito de outras persoas a que veñan a buscar traballo aqui?.

Din que en calquer lugar do mundo onde nos atopemos sempre habrá un galego, quiza iso sexa certo por elo temos a fama de ser traballadores e honrados, pero tamén o somos na nosa terra.


viernes, 30 de enero de 2015

Loita polos ideais.

Ao longo de todas as entrada que fixen nesta asignatura quixen deixar clara a miña posición respeto a forza do pobo galego. Dende o primer momento elixín o nome de Breogan, nome do rei mitolóxico ata a última entrada onde fago referencia a que a nosa terra ao longo da historia xamais dexouse avasalar, facendo unha homenaxe ao noso carácter inquebrantable, a veces mal entendido polos demáis. Artigo de Enrique Santin onde co título de Radiografía del Alma Gallega.

Hoxe quero facer referencia a unha parte importante da nosa historia que creo que reflexa o sentir e a decisión da nosa xente.Cando estabamos a piques de conseguir o Noso Estatuto de Autonomia , comenzou a guerra civil, quedando Galicia na zona das forzas de ocupación , posteriormente a represión franquista acabou cos partidos , o movemento galeguista e de esquerdas, e todo atisbo de pluralismo e liberdade.Para moitos foi a etapa do exilio, escritores, pensadores e xente de todas as condicións , pero que non podían vivir baixo o réximen franquista , tiveron que fuxir non so para salvar a súas ideas senón tamén a súa vida. Outros dicidiron quedar e seguir loitando, me estou referindo a os pequenos grupos de guerrillas, os maquis , persoas como " O Piloto " o " Foucellas" durante moito tempo estiveron loitando pola sua conta contra a represión , axudados polo pobo .
cando a Garda Civil atrapa a Foucellas e o mete en prisión , foi xulgado en Consello de Guerra e condeado a morte. As suas últimas palabras aso seus fillos foron : " Morro polas miñas ideas e por defender a liberdade e un goberno lexitimamente elixido".
" O Piloto" despois de estar na cadea, no ano 45 botase ao monte , creando a sua propia unidade , e loitando contra as forzas franquistas dende Castroverde ata Asturias e León. Dende o goberno cando había delitos cometidos polos delincuentes comúns , dician que eran debido a estas persoas , facendo creer que a seguridade da poboación estaba en perigo mentres eles andiveran polo monte.

Creo que poñendo como exemplo a istas dúas persoas que deron toda a súa vida polas ideas que defendían , non podemos deixar de ser orgullosos de ser galegos, e remato dicindo que a Radiografia del Alma que fai o Sr. Santin non a comparto xa que él quere ver en nos, sumisos traballadores e indecisos. Eu non o vexo asi, pero todas as opinions teñen cabida.

GALICIA NON SE DEIXA AVASALAR

Todos nós temos prexuicios, os foráneos pensan que os galegos somos sumisos, dóciles é que cando nos pisan, deixámonos facer, que non loitamos, que somos palurdos .

Ao longo dalgúns exemplos vou pretender desmontar todos esas ideas mesquiñas.



Xa no século XV formouse A Irmandade Fusquenlla nas terras do señor de Andrade, pola extrema dureza coa que Nuno Freire de Andrade, ou Mao, trataba os seus vasalos. A revolta iniciouse nas bisbarras de Pontedeume e Betanzos e expandiuse a Lugo e Mondoñedo e mesmo a Santiago de Compostela. No mesmo tempo xurdiron Os Irrmandiños contarían cuns 80.000 efectivos. Na organización e dirección da guerra irmandiña participaron varios grupos sociais: campesiños, xentes de cidades, baixa nobreza, fidalguía e mesmo membros do clero (varios membros da estrutura eclesiástica apoiaron economicamente os irmandiños). Os xefes do movemento pertencían á baixa nobreza (fidalgos). O auxe do movemento irmandiño foi posible pola existencia dunha mentalidade xusticeira e antiseñorial da sociedade galega, que rexeitaba as inxustizas cometidas polos señores, considerados popularmente como uns "malhechores".
Os inimigos dos irmandiños foron fundamentalmente nobres laicos, donos de castelos e fortalezas e encomenderos das principais igrexas e mosteiros. Os irmandiños destruíron ao redor de 130 castelos e fortalezas durante os dous anos da guerra irmandiña .

Na invasión Napoleónica Galicia mantívose libre das tropas francesas, xa que cando o mariscal Ney ocupou Galicia tras a batalla de Elviña e logo xirou ao sur para atacar Portugal dende o norte. Non obstante, a resistencia popular, apoiada polas subministracións de armas da frota británica, fixo imposible a pacificación de Galicia, que tivo que ser evacuada tras a derrota de Ney na batalla de Puentesampayo (xuño de 1809). A sublevación popular, dirixida polo capitán Cachamuíña en Vigo, supuxo que esta fose a primeira praza reconquistada aos franceses en Europa (28 de marzo de 1809). Galicia e Valencia permaneceron libres de tropas francesas, aínda que Valencia rematou capitulando en xaneiro de 1812.

No seculo XIX moita xente tivo que emigrar, a outras partes do estado e moitos fora de España a paises de ultramar. A finais do século XIX Rosalia fai mención do maltrato que sufrían os galegos cando ían traballar a Castela "         
                                                        Castellanos de Castilla,
                                                           tratade ben ós galegos;
                                                           cando van, van como rosas;
                                                          cando vén, vén como negros.
                                                             Cando foi, iba sorrindo 
                                                        cando ven, viña morrendo;
                                                         a luciña dos meus ollos,

                                                         o amantiño do meu peito

Xunto con outros autores relatan a dura vida do emigrante, que abandonaba o seu mundo para enfrontarse a viaxes, moitas veces, sen retorno para poder darlle sustento á familia que aqui deixaban . E de sumisos é cobardes deixar o que conoces para ir lonxe sabendo que non vas ser respetado, é que a tua vida vale un xornal?



Na primeira época do franquismo no sector do rural galego fronte ao modelo económico intervencionista da primeria época franquista , xurde A revolta da fame na primaveira do ano 1946 en Savinao un grupo de campesiñas se incautan do pan e levan a cabo unha protesta , intentando conseguir un precio xusto , en contra do intervencionismo, a corrupción e o estraperlo , formas habituais do réximen .

Nos anos 70 o pobo das Encrobras levantouse defendendo as súas terras e as súas casas Fenosa levou a cabo expropiacións para poder explotar a mina de carbón para abastecer a Central térmica de Meirama .Non debemos esquencer outras revoltas que tiveron que facer os galegos para deixar oir a súa voz de protesta ante situacións de manifesta inxusticia asi aquelas que tiveron lugar nos Estaleiros de Vigo e Ferrol, na última época do franquismo e tamén na democracia. Ninguén esquence cando rompeu a Ponte das Pias, a xente saíu a defender unha boa comunicación para Ferrol.

Pero que visión pode ser a dos foráneos , cando na RAE seguen a manter como entrada en"gallego" : En Costa Rica : " tonto", no El Salvador : " tartamudo"?

Ao longo de esta reflexión quero decir ben forte: Non somos tontos, non somos sumisos.Somos loitadores e temos voz como dixo Pondal en " Os Pinos" e quedou como letra do noso himno , debendo enchernos de orgullo.

O HUMOR É ARTE

A arte é entendido xeralmente como calquera actividade ou produto realizado polo ser humano cunha finalidade estética ou comunicativa, mediante a cal se expresan ideas, emocións ou, en xeral, unha visión do mundo, mediante diversos recursos, como os plásticos, lingüísticos, sonoros ou mixtos, reflectindo na súa concepción os substratos económicos e sociais, e a transmisión de ideas e valores, inherentes a calquera cultura humana ao longo do espazo e o tempo . Por iso, hoxe quero falaros do humor.
En Fene está situado na Casa da Cultura , o Museo do Humor é o único do seu xénero en todo o Estado español.
O Museo do Humor de Fene foi fundado en 1984 por Xaquín Marín, quen o dirixe ata a súa xubilación, en outubro de 2008. A idea xorde tras o manifesto en defensa do humor, despois dunha exposición itinerante por Galicia de debuxos Siro e Xaquín Marín.
Nas súas salas poden contemplarse máis de mil orixinais de humoristas gráficos galegos e de todo o mundo (Xaquín Marín, Siro, Torres, Tomé, Chumy Chúmez, Máximo, Vázquez, René de la Nuez, Mort Walker, Fontanarrosa, etc.).
O Museo convoca anualmente os premios Curuxa do Humor nas vertentes gráfica, literaria e fotográfica e organiza, dende o seu nacemento en 1984, as Xornadas do Humor.
Ata a creación do Museo de Fene soamente existía no mundo a Casa do Humor e a Sátira de Gabrovo ( Bulgaria ) sendo o único museo do mundo dedicado ao humor. O museo foi inaugurado o 1 de abril 1972. É a representación do humor local folclórico e as alegres tradicións e carnavais da cidade de Gabrovo: a capital búlgara do humor. Hoxe é un centro cultural internacional que combina perfectamente as características dun museo e dunha galería animada, onde se reúnen exemplos da arte contemporánea cómica e satírico de todo o mundo. O lema do museo é: "O mundo sobreviviu por rir".Os visitantes do museo son recibidos por un guía turístico co saúdo "Bienvenidos e bienmarchados ": un saúdo típico de Gabrovo.
Neste momento despois do acontecido en Paris no semanario satírico Charlie Hebdo de esquerdas fundado en 1992, que tomou o seu nome dunha publicación satírica que existiu entre 1969 e 1981 (primeiro como Hara-kiri e Hara-kiri hebdo). Segundo Charb, director da publicación ata 2015, a súa redacción reflexa a «todos os compoñentes da esquerda plural, mesmo dos abstencionistas». Coas súas publicacións conseguiu a indignación de musulmáns, xudeus e cristiáns por igual. Creo que é importante unha reflexión sobre ata onde chega a liberdade de expresión e información e a liberdade individual, que pode ser ferida pola publicación de textos ou imaxes debendo sempre ter en conta as palabras de Xaquín Marin no ano 1977 dixo: "Os humoristas gráficos dan co seu traballo cotián unha visión crítica e orixinal da realidade que os rodea, polo tanto non poden de ningún xeito ser insensibles ós problemas dun país, que se é rico en algo, é precisamente en carencias"

viernes, 9 de enero de 2015

Ten relación a música e a sociedade?

  





No medio rural en Galicia a música tivo importancia, xa que nas romerías era onde sefacía a vida social. Contan os vellos que cando eles iban aos bailes os mozos recitaban estrofas e as mulleres replicaban, esta forma de "ligar" chámase regueifas, iso pode ter que ver coas Cantigas de amor da Idade Media e os trovadores. Tamén nas romerías os cegos recitaban contos que eran feitos que ocorreran noutros lugares, aqui vemos tamén a herdanza dos trovadores ao longo dos séculos e como perdurou a nosa historia pola tradición oral.

Dende mediados dos anos sesenta empeza dunha forma moi tenue a música en galego,primeiro con autores como Andrés do Barro o Juan Pardo, que teñen algúns temas en galego . Pero a partir da democracia xorden grupos como Fuxan os ventos, A Quenlla o Milladoiro. Cada un cun estilo, Milladoiro estuda e desenrola a música tradicional galega,cos instrumentos típicos e considérase un dos máis importantes investigadores de novas sonoridades para o folk galego.

Fuxan os ventos naceu no ano 1972. Nun comenzo participaron nas misas, máis adiante, no ano 1977, o grupo sufriu unha escisión, unha tendente ao folclore e outra máis comprometida coa identidade, o idioma e os problemas de Galicia, participando de cheo en asuntos como a cota empresarial agraria, nos problemas do encoro de Portomarín e a defensa das terras e casas dos labregos durante a rebelión veciñal contra o proceso de expropiación que Fenosa levou a cabo para explotar a mina a ceo aberto de carbón que abastecería á central térmica de Meirama,chamada a revolta Das Encrobas e noutras cuestións que afectaban a sociedade galega, adquirindo un compromiso social, plasmándose na chamada "canción protesta".

Da escisión de Fuxan os Ventos xunto con outros cantantes naceu A Quenlla, grupo que recolle a poesía de autores como Manuel Maria, Celso Emilio Ferreiro o Dario Xoán Cabana, asi como a realidade e sufremento do pobo galego, intentando a recuperación da memoria histórica, os dereitos culturais e a dignidade de Galicia.

A poesía galega está en boca de autores como Batallán e Amancio Prada. Isto paréceme importante, xa que é unha forma de que a xente coñeza a súa poesía e non se esqueza, ao mismo tempo vainos introducindo no corazón e no pensar dos nosos poetas, algúns deles referentes sociais e visioanarios dunha Galicia mellor. Creo que cando un cantante e capaz de poñerlle música a unha poesia e un artista con mayúsculas, xa que pode chegar a nós a dúas bandas como poeta e como músico.

martes, 6 de enero de 2015

AS ARTES NA COMARCA DE FERROLTERRA







A nosa comarca deu a Galicia e ao resto do Estado español unha gran
cantidade de artistas ao longo dos séculos,en todos os xéneros:
teatro, música, pintura e danza...Pero , hoxe vámonos a centrar na
nosa comarca. No terreo do teatro temos unha escola que se encontra
financiada polo Concello de Narón e destaca o director José Prieto , que foi galardoado con Premio Maria Casares, dicha Escola de
teatro, leva anos integrada no Padroado da Cultura de Narón e ten a
longo do ano representacions a fin de levar o noso teatro ao pobo.

En canto a música temos que destacar as famosas rondallas que as súas cancións son valses, danzas e habaneiras. Música lixeira que, xunto ao afán por gozar do ambiente na rúa, foron tendencias que calaron en Ferrol pola chegada de persoal andaluz e valenciano aos estaleiros e ao Arsenal Militar, pero que tamén se xustifican pola elevada inmigración a Cuba. Polo que dita música non é en galego.Pero non podemos esquencer a cantantes que puxeron o galego no mundo como Andrés Dobarro,con cancions como " O tren"

Pero en canto a pintura e a danza, os ferroláns dimos á historia de
Galicia e tamén de España, autores de renome como Quesada, Villamil
ou Bello Piñeiro, cada un de eles co seu estilo propio, marcaron
tendencias no arte español.Por outra banda na danza clásica,
bailarinas como Paula de Castro, que foi primeira bailarina de
diversos ballets internacionais , asi como Jesús Quiroga que
ademais de dedicar a súa vida ao baile tamén é coreografo. Non
podemos deixar de falar da importancia do baile galego e do estudio
tan amplio e profundo que se fai na comarca, xa que diversas
asociacións promoven e facilitan o seu desenvolvemento, asi como as
mostras populares en diversos concellos da comarca.

En canto á arquitectura non podemos esquecer a Ucha, arquitecto
modernista, que gracias a él pódense admirar en Ferrol edificios
fermosos é cheos de vida con ventás inscritas en formas circulares,
uso do ferro como elemento ornamental e construtivo e, sobre todo, o
gran sentido decorativo que impoñía a fachada. Destacan a casa
Pereira realizada entre 1912 e 1913, cun deseño da fachada moi
elaborado. Tanto na anterior coma na Casa Munduate (1910-1911) ou a
Casa Romeiro (1910) destacan o valor decorativo das súas galerías.
A Fonda Suíza (1916), por outro lado, é unha mostra de como a
linguaxe modernista pode integrarse no gusto pola arquitectura
neobarroca que se impoñía na maioría das grandes cidades europeas.

Tendo en conta todo o dito, e un orgullo vivir nunha comarca onde o arte esta na rúa, en cada recuncho, onde percibese. Pero poderemos
mantelo? As Institucions non teñen cartos e por moito interés que
teñan en promocionar as nosas artes non sempre poden fomentalas e
expandilas polo mundo. Neste momento ademáis do Padroado da Casa da
Cultura de Narón, todas as manifestacións artísticas son froito de
asociacións e de grupos que intentan loitar para non perder as
referencias folclóricas da nosa terra.

Cousa diferente ocorre coa pintura, xa que os estudiosos de esos autores que antes mencionei encargáronse de facelos internacionais polos estudos das súas obras. Dende a nosa comarca debemos promover as artes xa que o noso futuro é o noso pasado, e si intentamos
eliminalo estamos degradando as nosas raíces.