miércoles, 4 de marzo de 2015

As mentiras da ditadura

Nas escolas de emigrantes eran, en xeral, onde todos os nenos educados no sistema de Libre Ensino que por razóns económicas fundamentalmente tiñan que emigrar, o facían non obstante en condicións distintas ás dos seus pais, non só por posuír unha maior e mellor instrución, senón tamén por emigrar ao Novo Continente cunha clara percepción de grupo, un afianzado nacionalismo e unha ideoloxía de esquerda e republicana, que no seu interior fora implantada polas ensinanzas de mestres concienciados da súa identidade galega, tratando de espertar en mozos campesiños que vivían en precarias condicións e mal comunicados co exterior, o interés polo coñecemento, a cultura e a liberdade que esta permite aos que a adquiren. Pero os mestres que guiaban estes alumnos, tiñan unha traxectoria anterior á República que foi truncada pola guerra, tal é o caso de dona Emilia Álvarez, " Mama Emilia", mestra,orixinaria de Malpica (Toledo) e esposa de don Pelayo Pazo, que tiveron dez fillos, de os cales oito se dedicaron ao ensino. Dona Emilia, como mestra de instrución primaria e fervente seguidora da Escola de Libre Ensino, educou os seus fillos en este sistema de libre pensamento e formación integral. O seu fillo, Eduardo Pazo Álvarez,recoñecido mestre e matemático, foi perseguido en 1936 por sustentar "perigosas ideas"; profesor na escola de San Andrés de Somoza (A Estrada), tivo que esconderse en vista dos acontecementos que se viviron na Estrada o 18 de Xullo, dos que fai un emotivo relato Blanco Fontes, onde se fai referencia á rápida captura que levaron a cabo os falanxistas dos estradenses considerados "perigosos" .Eduardo foi escondido acertadamente pola súa familia, salvándose así do encarceramento e ata da morte, situación que viviron os seus compañeiros; saíu por Portugal rumbo a Cuba en calidade de exiliado, onde permaneceu ata 1959. A partir desta data e a instancias da súa irmá Conchita desprazouse a México onde exerceu como profesor universitario ata 1972.De a súa irmá, María Concepción Pazo Álvarez, encontrábase instalada no sur da cidade de México dende 1946, exercendo como mestra de primaria no Colexio Madrid casada con Celestino López López, republicano e masón. Casados en 1935, víronse obrigados a separarse un ano despois, para evitar as represalias do réxime franquista,xa que temían pola súa vida ademais de poñer en perigo a seguridade do resto da familia. Celestino, ao igual que o seu cuñado, foron escondidos durante máis dun ano por amigos e familiares. Ambos os dous fuxiron de diferentes formas por Portugal, Eduardo, e embarcado furtivamente na Coruña, Celestino, xa que a súa condición de escondidos os obrigou a chegar ao continente americano por vías pouco ortodoxas. Dez anos esperou Celestino López a Concepción na cidade de México, renuente esta a separarse da súa nai dona Emilia, en 1946, decidiu a acompañar o seu esposo no exilio . Esta profesora estradense tivo deixar o seu traballo como "agregada de inspección" en Santiago de Compostela para reunirse co seu esposo ,ambos os dous integráronse ao mundo "intelectual e social do exilio mexicano". Celestino López, formou parte do grupo Alianza Nacional Galega. Para sobrevivir no país de acollida, súa principal ocupación foi a de distribuidor de películas mexicanas -na época dourada do cine mexicano. Como escritor afeccionado, publicou un curioso libro de viaxes que tivo dúas edicións, as segundas das cales foi valorada e corrixida por un antropólogo mexicano; nesta obra relata as súas experiencias e observacións nunha viaxe por barco a través do Amazonas. A súa participación como masón, republicano, e os seus contactos, relacións e ideoloxía política, son débedas pendentes de investigación, polos galegos de hoxe que debemos reconstruír e unir a dispersa historia da xeración "perdida" para España pero "gañada" para México.Celestino López e a súa esposa non tiveron fillos.
A Guerra Civil e a larguisima ditadura fixeron caer sobre Galicia un enorme veo de silencio non só institucional, senón tamén no ámbito persoal, entre os afectados, que viron morrer, perseguir e encarcerar a algúns dos seus, e obrigando por temor primeiro e necesidade despois, a exiliarse fillos, pais, esposos e irmáns que nunha situación normal non tivesen elixido ese destino. Algunhas familias especialmente comprometidas tiñan os seus fillos no estranxeiro, pero non se falaba nunca das razóns que os levaran a este desterro. Non obstante gardábase silencio sobre o por que. Non se explicaba á maioría dos seus membros a verdadeira razón deste exilio. Por iso sempre se se dixo na miña familia que Mamá Emilia ademais de ser unha muller que tivo a os seus fillos derredor dela , era unha muller conservadora e moi relixiosa, so cando chegou de Mexico a sua filla Conchita , a familia da miña nai comenzou a coñecer os padecementos que habian tido polo exilio e as consecuencias funestas da guerra .

No hay comentarios:

Publicar un comentario