Son
un ancián, teño 109 anos e estamos no ano 2106.
Fai moitos anos vivín
nunha cidade que está
no norte de Galicia e se chamaba Ferrol. Hoxe regreso a ela e os meus
ollos énchense de lágrimas
e o meu pensamento van a recordos que quedaron no fondo dun pozo e
que hoxe emerxen.Ferrol, cando eu era un mozo, era unha cidade viva,
con fermosos edificios e bonitas rúas, nalgunhas épocas
do ano enchíase de xente alegre que recorría
as súas rúas.
Hoxe,
día
23 de Abril do ano 2106, conseguín grazas ao progreso ter unha
vellez boa, vivir un montón
de anos, pero descubrir que todo aquilo que recordaba deixo de
existir, cando atraveso a Ponte das Pias, encontro un barrio,
Caranza, no que as torres que eu recordaba xa non están,
algunhas estan en ruínas, outras xa non existen. Diríxome cara á
rúa na que vivín
na miña infancia e xuventude, a Avenidad de Esteiro, dende
a
miña
habitacion veía
unha rúa ancha, con arbores e con xente rindo e falando nas súas
terrazas. Agora vexo desolación, non hai beirarrúas, non hai
arbores e non hai xente. A miña casa xa non existe, non hai nada, só
herbas, algúns animais e moito,
moitísimo
lixo, algunha que outra rata camiña coma se fose súa a rúa, as
gaivotas comen o lixo.
Camiño
polas rúas do centro, aquelas que me fan recordar épocas
mellores, con deseño de edificios de douscentos anos atras, aqueles
que chamaban modernistas. No percorrido que fago polas súas rúas
non hai ninguén, non se ve unha soa persoa. O mar foise apropiando
das zonas que no seu momento os homes roubaron á natureza. Hai
barcos semiafundidos, cheos de oxido e vellos.Nunca
debería ter regresado,
gustaria morrerme coa idea do Ferrol que conoci, con xente, con
vida....Hoxe
Ferrol é unha cidade fantasma.