domingo, 7 de diciembre de 2014

O cine galego




O cine galego é un concepto ambiguo. Sempre houbo debates para definilo: por unha parte, hai quen considera que as únicas películas que se poden considerar galegas son aquelas filmadas en Galicia e en galego, por cineastas do país, e financiadas con capital autóctono; mentres que por outra parte hai quen chama galega a calquera película rodada por un cineasta local dentro ou fóra de Galicia, ou por cineastas de calquera procedencia que veñen a rodar a Galicia.

A primeira é unha opción de mínimos, que intenta ser precisa a custa de excluír moitos títulos que non cumpren con todos eses requisitos. Esta opción xurdeu con "Sempre xonxa", no ano 1989 , na que o director Nacho Piñeiro fixo o primer longometraxe en galego, con él comenzou unha época que de tarde e tarde produciuse unha nova aparición. Mentres que a segunda é unha opción de máximos, que trata de incluír todos os títulos posibles provocando unha perigosa indefinición. ¿Como de galega é esta película ou esta outra? Imos interrogar a algúns dos títulos. Primeira pregunta: ¿Como de galegos son La casa da Troya (Rafael Gil, 1959), El bosque animado (José Luis Cuerda, 1987) ou Mar dentro (Alejandro Amenábar, 2004), películas rodadas en Galicia, en castelán, sobre temas e personaxes galegos, por cineastas procedentes doutros lugares do estado español? ¿Poden estos directores entender o noso ser e o noso pensar?, se falamos da Casa da Troya é unha obra de Perez Lugin , que aínda que naceu en Madrid fixo a carreira de dereito en Compostela e relata a súas vivenzas de estudante, nos primeiros anos do século XX. " El bosque animado " básase na historia do lobishome e "Mar dentro" narra a historia de Ramón Sampedro , un home que encheu moitas páxinas de periódicos e puso en boca de todos o tema da eutanasia. En todas estas películas intenta ser unha voz nosa hacia o mundo exterior. Esta ben que a xente vexa como somos, como pensamos e o que sentimos, nas diferentes épocas e no xénero no que se desarrolla. ¿Pero é cine galego?. No ano 2003 fíxose en galego a pelicula " O lapis do carpinteiro" , escrita por Manuel Rivas , no ano 2008 estrenouse " Pradolongo" , dirixida por Ignacio Vilar; unha película galega que pasou sen pena nin gloria polos cines galegos, en calquera das dúas entran de cheo no mundo de Galicia igual que Sempre Xonxa.

Estos días estrenouse " A Esmorga" , dirixiuna, tamén, Ignacio Vilar. E de ela só se fixeron 18 copias . Fai uns anos fixose a película en español co nombre " La Parranda" baseadas no libro de Blanco Amor. ¿É igual unha e outra? . ¿Podemos dicir que as dúas son películas galegas?. Volvendo ao principio , penso que a cultura galega no so é o transmitir aos foráneos senon tamen protexela e coidala. Primero deberíamos fomentala, ampliando o capital destinado a traballar por ela e despois o seguinte paso dala a coñecer ao resto do mundo, polo que penso que sería importante non perder o obxectivo de que o cine galego debe comezar por fomentar os nosos directores, as nosas paisaxes e os nosos actores, que habelos, os hai e despois de que todo iso sexa parte nosa , dalo ao coñecer ao mundo. Neste intre enche mais os cines calquer película tanto extranxeira como española , por exemplo , " Ocho apellidos vascos" que calquer película nosa. ¿ Por que? Creo que seguimos sen querernos o suficiente, non sabemos vendernos.

domingo, 23 de noviembre de 2014

LENDA DOS CHURRUCHAOS



Moi preto de Santiago, no que hoxe é o barrio de Conxo, vivían no Castelo da Rocha Forte uns bandoleiros, chamados Os Churruchaos , estes eran protexidos do arcebispo da ciudade. Nese tempo vivía en Santiago un capitán que tiña unha filla moi fermosa e desexada por moitos homes. O capitán tivo que partir a guerrear a África, ocasión que aproveita o arcebispo compostelán para raptala, encerrándoa no Castelo da Rocha Forte.
Tras ter coñecemento de todo isto, o capitán regresa a Santiago o día da festa do Corpus Christi, durante a celebración da tradicional procesión pola cidade; ao chegar á Rúa de la Balconada o capitán no seu cabalo, e coa armadura posta, arremete contra o arcebispo coa súa espada dándolle morte alí mesmo, feitos que recolle unha copla popular:
"Preto dá rúa do Villar,
na rúa dá Balconada, mataron o arcebispo
por celos dunha dama".
A tradición di que, tras o crime, a rúa foi purificada con sal e pechada para sempre. A continuación dirixiuse cara o Castelo da Rocha, cercouno e derrotouno, deixando nel a todos os churruchaos mortos entre as ruínas do castelo.
Complemento desta lenda é o dito de que neste lugar se ve, ás veces, unha galiña con poliños de ouro, chamada galiña dos churruchaos e que só se deixa ver por un momento e nunca se lle volve aparecer á mesma persona".

sábado, 22 de noviembre de 2014

A VIERIA NOS TRAXES DOS PEREGRINOS

Vou tratar con vós unha lenda que paréceme moi interesante, é pouco coñecida fóra de Santiago e perdura na miña familia.


Todos vimos algunha vez un peregrino chegando a Compostela cunha cuncha de vieira. ¿por que a levan?. Conta a lenda que cando os discípulos do Apostol Santiago trasladaban o seu corpo nunha barca de pedra. Preto das costas de Vigo, nunha aldea chamada Bouzas, estábase a celebrar unha boda. Naqueles tempos, era costume facer xogos durante a celebración, un xogo moi popular era "aborfada" ,que consistía en lanzar unha bofarda ( unha especie de lanza ) polo aire e os homes a cabalo tiñan que recollela. O noivo cando tivo que facelo, lanzouna moi lonxe e él e o seu cabalo adentraronse ao mar e non podían saír, nese intre pasaba a barca que levaba os restos do Apostol e produciuse o milagre , e o home co seu cabalo apaeceron vivos e cobertos de cunchas de vierias. Os tripulantes da nave, na que viaxaban os restos do Apóstolo Santiago, levantando a mirada ao ceo, exclamaron: "Verdadeiramente quere Xesucristo manifestar ante ti o seu poder para ben e honra do vasalo que levamos nesta nave a dar cristián enterramento. Quen a Santiago desexe servir deberá visitalo alá onde fose enterrado levando cunchas como esas das que ti estás cuberto". 






 

domingo, 16 de noviembre de 2014

Historias do Pico Sacro.



 
Cerca de Vedra se atopa O Pico Sacro dominando  o Val do Ulla. Moita xente de alí pensa que é un monte máxico. Eu non sei si é certo ou non, pero o  que si sei é que  O Pico ten uns  buratos xigantes nas rochas, e a xente local pensaba que os mouros vivian alí . Eles eran  seres imaxinarios que tiñan poderes malignos sobre as persoas, por exemplo din os vellos que  cando non había luz,  a xente tiña que levantar os pés do chan, xa que os mouros podían arrastralo a súas covas.
Tamén contan que as ovellas cando iban pastar ao monte os pastores tiñan que ter coidado porque si caían nos buratos, os mouros as comían e só deixaban o esqueleto.



 A Raíña Lupa é unha personaxe que aparece no Códice, sitúan o seu pazo no cume do Pico Sacro e as súas terras nos arredores. A lenda conta como os portadores do corpo do Apóstolo pediron á Raíña Lupa un lugar para poder enterrar o corpo e esta os enviou ao Promontorium Nerium,( cabo fisterra )*, lugar do Ara Solis. O sacerdote deste templo apresou os discípulos pero grazas a un milagre puideron escapar polo ponte do Tambre destruíndose ao seu paso, deixando libres de novo os portadores do corpo.
   A raíña Lupa ofreceu a estes de novo un lugar onde pacían "bois mansos" que poderían trasladar o corpo que milagrosamente fora recuberto cun sepulcro de pedra. Non obstante neste lugar non había animais mansos, senón bois salvaxes e un fero dragón que atacou os discípulos. Estes co "Sinal da Cruz" fixeron que as feras se amansasen e lles axudasen no porte do Apóstolo. A Raíña Lupa, sorprendida, convertiuse ao cristianismo e ofreceu un lugar para o enterro de Santiago. Este non era máis que un mausoléo romano construído para a sepultura dunha sobriña da raíña e para ela mesma e que nun futuro daría paso ao Campus Stellae, lugar de aparición da tumba do Apóstolo.

martes, 4 de noviembre de 2014

¿HALLOWEN O SAMAIN?




Samaín e unha festa tipicamente celta, unha festa donde da comenzo oficial o inverno, donde comenza a época da matanza, das castañas e onde se da unha conmemoración aos mortos.
Neste país onde falamos de "footing" e "jeans" agora metemos o HALLOWEN, e queremos vela como unha celebración americana, que foi introducida pola televisión e polas películas. Cando en realidade a festa proven dos emigrantes irlandeses, coas suas costumes celtas, e o arraigo da misma e do noso pobo.

Os nenos van polas casas e piden agasallos coa frase de "truco ou trato" , esta festa caeu no olvido durante os anos do franquismo, xa que os disfraces estaban prohibidos, comenzando de novo fai uns trinta anos, cando comenzou mesturo use co Hallowen. Na Coruña os rapaces escondíanse polos camiños coas cabazas baleiras para asustar a xente que pasaba polas corredoiras, as rapazas levaban colares feitos con castañas para alexar os malos espíritos.

Gústame que se recupere o Samaín pero coas súas raíces, e no seu orixen, somos un país onde a morte esta presente, onde aos mortos se lles respeta e onde a xente cree nos espíritus, polo que ten sentido que un día ao ano fagamos a festa dos mortos.

domingo, 26 de octubre de 2014

CASTIGO AO FEISMO??


Estan próximas as eleccións autonómicas. E que decide o goberno? Poñer freo "ao feismo": solución unha multa que pode chegar aos 25.000 euros.

Isto ten dobre lectura:
En Galicia, onde a nosa paisaxe é a envexa do resto do Estado, onde a cor verde das súas paisaxes
é o máis característico do pobo, durante moitos anos se construíu por todos os lugares sen un programa urbanístico, só basandose nos intereses caciquiles e a construción se facía onde mellor lle parecia a cada un, sen licenzas, sen control. Só amparandose na especulación.

Agora, de súpeto, decatámonos que as casas en Galicia non son o que queremos que sexan, non son a paisaxe suíza do
s Alpes, e que noutras Comunidades como Asturias, Cantabria e País Vasco a paisaxe se coidou, as construcións adecuáronse á paisaxe e en Galicia quedouse á cola, por ganancias duns,perxudicouse a nosa terra. Só nalgúns lugares como Allariz se foron adecuando e neste momento se considera un dos lugares emblemáticos de Galicia.
Agora, preténdese poñer freo, cando durante anos persoas importantes do mundo da arquitectura e medio
ambiente levan clamando pola súa loita contra o feismo. Medida a tomar: a multa, unha multa que non se pode levar a cabo porque se non se pode acabar o mes ,mal se pode arranxar a casa, pintala , os planteamentos urbanísticos que pretende a lei do solo do goberno autonómico. Deben incluír as medidas que garantan a blindaxe dá paisaxe, de forma que: nos lugares de paisaxe aberta ou natural non permitíranse ás construcións que limiten ou campo visual; ás construcións non poderán romper a harmonía dá paisaxe; a altura máxima dás edificacións fixarase en proporción ao ancho dás vías e espazos libres; ás cores dás edificacións deberán ser ás tradicionais; ás forma dos materiais deberán ser acordes coa paisaxe e construción do contorno e prohibiranse os tendidos aéreos.
E o mais grave é que a multa a pondrá o Concello, o que antes concedeu a licenza ou no peor dos casos fixo a vista gorda mentres se facía a chapuza.

jueves, 16 de octubre de 2014

Qué ropa me poño hoxe?

En esta entrada quería tratar o tema do que a choiva significa na vida das persoas que viven en Galicia.

Un dos elementos que máis representa a Galicia son as súas duradeiras choivas que só descansan en verán. Aparte de ser un elemento representativo para Galicia, penso que tamén o é para todos os galegos. Eu penso que existen dúas opcións con respecto a este tema. Uns sosteñen que é un tempo horrendo e que non se pode estar a gusto na rúa mentres que outros opinan que é necesario para que na nosa paisaxe haxa tantas zonas verdes e tanta diversidade de árbores. Eu preferiría que houbera unha temperatura máis cálida para así os fines de semana poder facer moitas máis actividades. Por exemplo as actividades que realizaría serían ir máis á praia, facer máis acampadas e usar menos prendas de abrigo. En definitiva,o que máis valoro de vivir nun lugar con bon tempo é a oportunidade de disfrutar no exterior máis que si vivimos nun lugar cun tempo nefasto que non nos permita disfrutar tanto da vida.

Tamén é certo que a xente acostumbrada ao mal tempo e á choiva, cando hai unhas temperaturas altas mostra o seu descontento pola incomodidade do calor. Hoxe en día, xa non saben o que queren, cando ai días desastrosos a xente reza para que chegue o bon tempo e cando chega a calor a xente agóbiase e desexa de novo as baixas temperaturas. Polo tanto, eu penso que a xente non sabe o que quere. Estou convecido de que prefiro os veráns galegos aos veráns do sur débido a que alí non podes saír da casa pola calor que fai, pero tamén gustaríame que no invierno non chovese tanto.

miércoles, 8 de octubre de 2014

Galicia Bonita


O tema que vou tratar no meu artículo de opinión é a problemática dos incendios forestais que dañan a beleza do patrimonio galego. Ditos incendios poden ser provocados por medios naturais ou por algunha persoa, que na maioría dos casos o provocan con fines lucrativos.

A raiz deste tema, que é unha lacra para o ecosistema galego, é pertinente salientar a entrevista http://www.tiempo.com/ram/101442/fuego-lluvia-y-degradacion-2/ a Serafín González, investigador do Instituto de Investigaciones Agrobiológicas de Galicia (CSIC), que explica como o seu grupo de traballo investiga as consecuencias deste fenómeno tanto no solo coma nas persoas e ás diferentes maneiras que hai de tratar este problema e disminuir os risgos. Fala do impacto despois dun incendio cando hai choivas intensas, debido a que estas erosionan o terreo e as súas propiedas fertilizantes disminúen. Para isto, pódense tomar diferentes medidas de protección para o solo, por exemplo o uso de plantas herbáceas ou un acolchado de virutas de serrín ou palla xa que estas cando chove intensamente actúan de capa protectora no solo e o protexe do efecto erosivo da choiva.

Por outra parte, en canto aos incendios provocados, que son o obxecto desta entrada, son máis continuos. Isto leva ao medio a unha lenta e dificil recuperación posto que ao hábitat cóstalle mais traballo recuperarse. Para intentar solucionar esta situación creouse un plan nomeado Pladiga 2014, por medio da Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia http://mediorural.xunta.es/areas/forestal/incendios_forestais/, que se pon en marcha tódolos veráns para previr os posibles incendios que podan producirse en Galicia e desta maneira minimizar os daños potenciais.

O índice de risco diario de incendio forestal establece, para cada unha das épocas de perigo, o risco diario de ocorrencia de incendio forestal, cuxos niveis son baixo (1), moderado (2), alto (3), moi alto (4) e extremo (5). 




Na miña opinión persoal, non podo imaxinar a quén se lle pode pasar pola cabeza provocar un incendio aínda que sexa pola súa convenencia, xa que se lle pode ir das máns e provocar un daño maior do que tiña previsto. Os incendios forestais perxudican o patrimonio de Galicia xa que a paisaxe e os medios naturais son un dos aspectos máis representativos da cultura e do territorio galego. Entón, isto vén a colación co tema desta entrada sobre a beleza de Galicia porque este problema que menciono incide na destrucción do medio ambiente.


miércoles, 1 de octubre de 2014

Benvidos

Benvidos ao meu Blog chamado Breogán.
Aqui direivos as miñas opinións e farei as miñas entradas sobre Galicia.

Un saúdo