Vou tratar con vós unha lenda que paréceme moi interesante, é pouco coñecida fóra de Santiago e perdura na miña familia.
Todos
vimos algunha vez un peregrino chegando a Compostela cunha cuncha de
vieira. ¿por que a levan?. Conta a lenda que cando os discípulos do
Apostol Santiago trasladaban o seu corpo nunha barca de pedra. Preto
das costas de Vigo, nunha aldea chamada Bouzas, estábase a celebrar
unha boda. Naqueles tempos, era costume facer xogos durante a
celebración, un xogo moi popular era "aborfada" ,que
consistía en lanzar unha bofarda ( unha especie de lanza ) polo aire
e os homes a cabalo tiñan que recollela. O noivo cando tivo que
facelo, lanzouna moi lonxe e él e o seu cabalo adentraronse ao mar e
non podían saír, nese intre pasaba a barca que levaba os restos do
Apostol e produciuse o milagre , e o home co seu cabalo apaeceron
vivos e cobertos de cunchas de vierias. Os
tripulantes da nave, na que viaxaban os restos do Apóstolo Santiago,
levantando a mirada ao ceo, exclamaron: "Verdadeiramente quere
Xesucristo manifestar ante ti o seu poder para ben e honra do vasalo
que levamos nesta nave a dar cristián enterramento. Quen a Santiago
desexe servir deberá visitalo alá onde fose enterrado levando
cunchas como esas das que ti estás cuberto".
No hay comentarios:
Publicar un comentario