Cerca de Vedra se atopa O Pico Sacro dominando o Val do Ulla. Moita xente de alí pensa que é un monte máxico. Eu non
sei si é certo ou non, pero o que si sei é que O Pico ten uns buratos xigantes nas rochas, e a xente local pensaba que os mouros vivian alí . Eles eran seres imaxinarios que tiñan poderes malignos sobre as
persoas, por exemplo din os vellos que cando non había luz, a xente tiña que levantar os pés do chan, xa que os mouros podían arrastralo a súas covas.
Tamén contan que as ovellas cando
iban pastar ao monte os pastores tiñan que ter coidado porque si
caían nos buratos, os mouros as comían e só deixaban o esqueleto.
A Raíña
Lupa é unha
personaxe
que
aparece no
Códice, sitúan o seu
pazo no cume do Pico Sacro e as súas terras nos arredores. A lenda
conta como os portadores do corpo do Apóstolo pediron á Raíña
Lupa un lugar para poder enterrar o corpo e esta os enviou ao
Promontorium Nerium,( cabo fisterra )*, lugar do
Ara Solis. O sacerdote deste templo apresou os discípulos pero
grazas a un milagre puideron escapar polo
ponte do Tambre
destruíndose
ao seu paso, deixando libres de novo os portadores do corpo.
A raíña Lupa ofreceu a estes de novo un lugar onde pacían "bois mansos" que poderían trasladar o corpo que milagrosamente fora recuberto cun sepulcro de pedra. Non obstante neste lugar non había animais mansos, senón bois salvaxes e un fero dragón que atacou os discípulos. Estes co "Sinal da Cruz" fixeron que as feras se amansasen e lles axudasen no porte do Apóstolo. A Raíña Lupa, sorprendida, convertiuse ao cristianismo e ofreceu un lugar para o enterro de Santiago. Este non era máis que un mausoléo romano construído para a sepultura dunha sobriña da raíña e para ela mesma e que nun futuro daría paso ao Campus Stellae, lugar de aparición da tumba do Apóstolo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario