domingo, 23 de noviembre de 2014

LENDA DOS CHURRUCHAOS



Moi preto de Santiago, no que hoxe é o barrio de Conxo, vivían no Castelo da Rocha Forte uns bandoleiros, chamados Os Churruchaos , estes eran protexidos do arcebispo da ciudade. Nese tempo vivía en Santiago un capitán que tiña unha filla moi fermosa e desexada por moitos homes. O capitán tivo que partir a guerrear a África, ocasión que aproveita o arcebispo compostelán para raptala, encerrándoa no Castelo da Rocha Forte.
Tras ter coñecemento de todo isto, o capitán regresa a Santiago o día da festa do Corpus Christi, durante a celebración da tradicional procesión pola cidade; ao chegar á Rúa de la Balconada o capitán no seu cabalo, e coa armadura posta, arremete contra o arcebispo coa súa espada dándolle morte alí mesmo, feitos que recolle unha copla popular:
"Preto dá rúa do Villar,
na rúa dá Balconada, mataron o arcebispo
por celos dunha dama".
A tradición di que, tras o crime, a rúa foi purificada con sal e pechada para sempre. A continuación dirixiuse cara o Castelo da Rocha, cercouno e derrotouno, deixando nel a todos os churruchaos mortos entre as ruínas do castelo.
Complemento desta lenda é o dito de que neste lugar se ve, ás veces, unha galiña con poliños de ouro, chamada galiña dos churruchaos e que só se deixa ver por un momento e nunca se lle volve aparecer á mesma persona".

No hay comentarios:

Publicar un comentario