domingo, 22 de marzo de 2015

A LINGUA GALEGA





Hoxe quero rendir un homenaxe a familia materna da miña nai. Miña aboa naceu nunha aldea preto de Santiago, nos anos vinte. Aunque esa aldea está a uns13 Kilometros de Santiago, naquel momento era como se estivera a 1000 , xa que o mundo rural era moi atrasado, contan que ela iba a escola que lle quedaba lonxe pero que para ela era unha delicia ir, xa que tiña unha maestra que lle inculcou o amor aos libros e ao coñecemento.

    Cando tiña nove anos foi para Santiago interna a un colexio de monxas, onde estudiaban as nenas ricas. Como ela falaba galego as nenas reíanse e as monxas a castigaban, pasou catro meses sen fala, asimilando todas as palabras que iba oindo, chegando a pensar as profesoras que era media parva. Cando transcorreu o tempo suficiente e ela encontrouse confiada, nunha clase de castelán ,o seu español era perfecto asi como a gramática utilizada, dende aquela sempre utilizou o español ata que morreu. Pero di miña nai que cando estivo moi enferma volveu a utilizar o galego, asi tamén cando reñía con ela, creo que con bastante frecuencia.


    A súa nai, e dicir a miña bisaboa, era a dona de moitas fincas, pero non podía facer uso das propiedades, xa que meu bisabo estaba emigrante na Arxentina, e cando había que vender ou comprar algunha cousa importante era necesaria a sua firma. El viña cada catro o cinco anos, deixando a miña bisaboa co todo o traballo e responsabilidade. A medida que vou escribindo isto doume conta que de algunha maneira a miña familia sempre foi un " matriarcado" , as mulleres levaron sobre os seus lombos o peso da vida.Dende aqui e sendo ista a última entrada sobre a familia. Ei de decir que ademais de aprender moitas cousas que non sabía de eles. Dame un pouco de medo ser home nesta familia.



Nesta imaxe de Castelao podemos apreciar o trato que recibe o galego nese momento, debido a que era consiederado lingua de incultos e paletos.

domingo, 15 de marzo de 2015

Os nosos dereitos consegidos por eles.


Hoxe, quero compatir con vos a importancia da familia, a distinta visión que teñen os nosos pais e nos de algo tan primario como a familia.

Miña nai e a filla pequena, despois de dous irmáns, e naceu nos anos de "prosperidade" da ditadura. Os seus pais , ambos traballaban, pero sempre comenta que todos tiñan que axudar nas tarefas que seus pais lles encomendaban. O seu irmán que se leva dez anos coa miña nai estudiou Maxisterio e despois Filosofía e Letras, pero a elección de estudiar primeiro a carreira de Maxisterio non se planteu na casa, xa que parece que a miña aboa tiña un colexio en Santiago e como se lle había diagnosticado unha enfermidade, deberían seguir mantendo o colexio. Meu tio chegou a ser alguen importante no seu traballo con un montón de premios e ten un reconocido prestixio a nivel internacional.. A miña tía tamen fixo Maxisterio e despois Medicina, cando aprobou o MIR chegou a ser a primeria xefa de urxencias dun gran hospital, estou falando do comenzo dos anos 80. Miña nai fixo Dereito,e cando finalizou terceiro, fíxose cargo da dirección do Colexio, cando rematou a carreira fixo unha oposición, logrando ser a Secretario xudicial mais xoven do Estado.

 Todos eles contan que para gañar algún diñeiro extra daban clases particulares o coidaban rapaces os fines de semana, para eles é importante a palabra estudio,responsabilidade e disciplina. Estas son palabras que oio seguido na miña familia. A pregunta que eu fago é : Antes cos medios limitados que se tiñan podiase chegar a facultade, estudar, participar na vida social e política que naquel momento era efervescente e hoxe que temos medios para alcanzar todo porque non se chega a iso? Cando ese tema se fala na casa, miña nai di que a súa xeneración non soubo educar os fillos, que todo se lles deu feito e que de algunha maneira absorberon a personalidade dos fillos.

A xeneración da posguerra , con iso , refirome aos nacidos a partir do ano 50 ao 60, tiveron que facer valer os seus dereitos un a un , e despois lograr manter cada un"dos pasos" ganados. Nos crecimos con eles, son algo inherente a nosa vida, e ao mellor non damos importancia a que todos os dereitos que temos foron froito da loita dos nos pais ,avós... Para eles é importante as palabras estudo, responsabilidade , disciplina, axuda desinteresada. Estas son palabras que oio seguido na miña familia, son os valores que fundamentan a familia, eu penso que non teñen razón, creo que a familia é un accidente , onde naciches é algo que non ten que ver coa vida de cada quen, que estamos influenciados polas amistades, pola tecnoloxía e porque o noso mundo non ten nada que ver co deles. Non digo que non sexa importante a familia, pero a traves de estas entradas que estou facendo, non me vexo reflexado neles, non teño nada que ver con eles. Pero podo asegurar que non sou adoptado, xa que teño o mesmo ¨pronto¨que os Pazo, según conta miña nai.

miércoles, 4 de marzo de 2015

As mentiras da ditadura

Nas escolas de emigrantes eran, en xeral, onde todos os nenos educados no sistema de Libre Ensino que por razóns económicas fundamentalmente tiñan que emigrar, o facían non obstante en condicións distintas ás dos seus pais, non só por posuír unha maior e mellor instrución, senón tamén por emigrar ao Novo Continente cunha clara percepción de grupo, un afianzado nacionalismo e unha ideoloxía de esquerda e republicana, que no seu interior fora implantada polas ensinanzas de mestres concienciados da súa identidade galega, tratando de espertar en mozos campesiños que vivían en precarias condicións e mal comunicados co exterior, o interés polo coñecemento, a cultura e a liberdade que esta permite aos que a adquiren. Pero os mestres que guiaban estes alumnos, tiñan unha traxectoria anterior á República que foi truncada pola guerra, tal é o caso de dona Emilia Álvarez, " Mama Emilia", mestra,orixinaria de Malpica (Toledo) e esposa de don Pelayo Pazo, que tiveron dez fillos, de os cales oito se dedicaron ao ensino. Dona Emilia, como mestra de instrución primaria e fervente seguidora da Escola de Libre Ensino, educou os seus fillos en este sistema de libre pensamento e formación integral. O seu fillo, Eduardo Pazo Álvarez,recoñecido mestre e matemático, foi perseguido en 1936 por sustentar "perigosas ideas"; profesor na escola de San Andrés de Somoza (A Estrada), tivo que esconderse en vista dos acontecementos que se viviron na Estrada o 18 de Xullo, dos que fai un emotivo relato Blanco Fontes, onde se fai referencia á rápida captura que levaron a cabo os falanxistas dos estradenses considerados "perigosos" .Eduardo foi escondido acertadamente pola súa familia, salvándose así do encarceramento e ata da morte, situación que viviron os seus compañeiros; saíu por Portugal rumbo a Cuba en calidade de exiliado, onde permaneceu ata 1959. A partir desta data e a instancias da súa irmá Conchita desprazouse a México onde exerceu como profesor universitario ata 1972.De a súa irmá, María Concepción Pazo Álvarez, encontrábase instalada no sur da cidade de México dende 1946, exercendo como mestra de primaria no Colexio Madrid casada con Celestino López López, republicano e masón. Casados en 1935, víronse obrigados a separarse un ano despois, para evitar as represalias do réxime franquista,xa que temían pola súa vida ademais de poñer en perigo a seguridade do resto da familia. Celestino, ao igual que o seu cuñado, foron escondidos durante máis dun ano por amigos e familiares. Ambos os dous fuxiron de diferentes formas por Portugal, Eduardo, e embarcado furtivamente na Coruña, Celestino, xa que a súa condición de escondidos os obrigou a chegar ao continente americano por vías pouco ortodoxas. Dez anos esperou Celestino López a Concepción na cidade de México, renuente esta a separarse da súa nai dona Emilia, en 1946, decidiu a acompañar o seu esposo no exilio . Esta profesora estradense tivo deixar o seu traballo como "agregada de inspección" en Santiago de Compostela para reunirse co seu esposo ,ambos os dous integráronse ao mundo "intelectual e social do exilio mexicano". Celestino López, formou parte do grupo Alianza Nacional Galega. Para sobrevivir no país de acollida, súa principal ocupación foi a de distribuidor de películas mexicanas -na época dourada do cine mexicano. Como escritor afeccionado, publicou un curioso libro de viaxes que tivo dúas edicións, as segundas das cales foi valorada e corrixida por un antropólogo mexicano; nesta obra relata as súas experiencias e observacións nunha viaxe por barco a través do Amazonas. A súa participación como masón, republicano, e os seus contactos, relacións e ideoloxía política, son débedas pendentes de investigación, polos galegos de hoxe que debemos reconstruír e unir a dispersa historia da xeración "perdida" para España pero "gañada" para México.Celestino López e a súa esposa non tiveron fillos.
A Guerra Civil e a larguisima ditadura fixeron caer sobre Galicia un enorme veo de silencio non só institucional, senón tamén no ámbito persoal, entre os afectados, que viron morrer, perseguir e encarcerar a algúns dos seus, e obrigando por temor primeiro e necesidade despois, a exiliarse fillos, pais, esposos e irmáns que nunha situación normal non tivesen elixido ese destino. Algunhas familias especialmente comprometidas tiñan os seus fillos no estranxeiro, pero non se falaba nunca das razóns que os levaran a este desterro. Non obstante gardábase silencio sobre o por que. Non se explicaba á maioría dos seus membros a verdadeira razón deste exilio. Por iso sempre se se dixo na miña familia que Mamá Emilia ademais de ser unha muller que tivo a os seus fillos derredor dela , era unha muller conservadora e moi relixiosa, so cando chegou de Mexico a sua filla Conchita , a familia da miña nai comenzou a coñecer os padecementos que habian tido polo exilio e as consecuencias funestas da guerra .