miércoles, 22 de abril de 2015

FERROL CIDADE FANTASMA

Son un ancián, teño 109 anos e estamos no ano 2106. Fai moitos anos vivín nunha cidade que está no norte de Galicia e se chamaba Ferrol. Hoxe regreso a ela e os meus ollos énchense de lágrimas e o meu pensamento van a recordos que quedaron no fondo dun pozo e que hoxe emerxen.Ferrol, cando eu era un mozo, era unha cidade viva, con fermosos edificios e bonitas rúas, nalgunhas épocas do ano enchíase de xente alegre que recorría as súas rúas.

Hoxe, día 23 de Abril do ano 2106, conseguín grazas ao progreso ter unha vellez boa, vivir un montón de anos, pero descubrir que todo aquilo que recordaba deixo de existir, cando atraveso a Ponte das Pias, encontro un barrio, Caranza, no que as torres que eu recordaba xa non están, algunhas estan en ruínas, outras xa non existen. Diríxome cara á rúa na que vivín na miña infancia e xuventude, a Avenidad de Esteiro, dende a miña habitacion veía unha rúa ancha, con arbores e con xente rindo e falando nas súas terrazas. Agora vexo desolación, non hai beirarrúas, non hai arbores e non hai xente. A miña casa xa non existe, non hai nada, só herbas, algúns animais e moito, moitísimo lixo, algunha que outra rata camiña coma se fose súa a rúa, as gaivotas comen o lixo.

Camiño polas rúas do centro, aquelas que me fan recordar épocas mellores, con deseño de edificios de douscentos anos atras, aqueles que chamaban modernistas. No percorrido que fago polas súas rúas non hai ninguén, non se ve unha soa persoa. O mar foise apropiando das zonas que no seu momento os homes roubaron á natureza. Hai barcos semiafundidos, cheos de oxido e vellos.Nunca debería ter regresado, gustaria morrerme coa idea do Ferrol que conoci, con xente, con vida....Hoxe Ferrol é unha cidade fantasma.

No hay comentarios:

Publicar un comentario