viernes, 30 de enero de 2015

O HUMOR É ARTE

A arte é entendido xeralmente como calquera actividade ou produto realizado polo ser humano cunha finalidade estética ou comunicativa, mediante a cal se expresan ideas, emocións ou, en xeral, unha visión do mundo, mediante diversos recursos, como os plásticos, lingüísticos, sonoros ou mixtos, reflectindo na súa concepción os substratos económicos e sociais, e a transmisión de ideas e valores, inherentes a calquera cultura humana ao longo do espazo e o tempo . Por iso, hoxe quero falaros do humor.
En Fene está situado na Casa da Cultura , o Museo do Humor é o único do seu xénero en todo o Estado español.
O Museo do Humor de Fene foi fundado en 1984 por Xaquín Marín, quen o dirixe ata a súa xubilación, en outubro de 2008. A idea xorde tras o manifesto en defensa do humor, despois dunha exposición itinerante por Galicia de debuxos Siro e Xaquín Marín.
Nas súas salas poden contemplarse máis de mil orixinais de humoristas gráficos galegos e de todo o mundo (Xaquín Marín, Siro, Torres, Tomé, Chumy Chúmez, Máximo, Vázquez, René de la Nuez, Mort Walker, Fontanarrosa, etc.).
O Museo convoca anualmente os premios Curuxa do Humor nas vertentes gráfica, literaria e fotográfica e organiza, dende o seu nacemento en 1984, as Xornadas do Humor.
Ata a creación do Museo de Fene soamente existía no mundo a Casa do Humor e a Sátira de Gabrovo ( Bulgaria ) sendo o único museo do mundo dedicado ao humor. O museo foi inaugurado o 1 de abril 1972. É a representación do humor local folclórico e as alegres tradicións e carnavais da cidade de Gabrovo: a capital búlgara do humor. Hoxe é un centro cultural internacional que combina perfectamente as características dun museo e dunha galería animada, onde se reúnen exemplos da arte contemporánea cómica e satírico de todo o mundo. O lema do museo é: "O mundo sobreviviu por rir".Os visitantes do museo son recibidos por un guía turístico co saúdo "Bienvenidos e bienmarchados ": un saúdo típico de Gabrovo.
Neste momento despois do acontecido en Paris no semanario satírico Charlie Hebdo de esquerdas fundado en 1992, que tomou o seu nome dunha publicación satírica que existiu entre 1969 e 1981 (primeiro como Hara-kiri e Hara-kiri hebdo). Segundo Charb, director da publicación ata 2015, a súa redacción reflexa a «todos os compoñentes da esquerda plural, mesmo dos abstencionistas». Coas súas publicacións conseguiu a indignación de musulmáns, xudeus e cristiáns por igual. Creo que é importante unha reflexión sobre ata onde chega a liberdade de expresión e información e a liberdade individual, que pode ser ferida pola publicación de textos ou imaxes debendo sempre ter en conta as palabras de Xaquín Marin no ano 1977 dixo: "Os humoristas gráficos dan co seu traballo cotián unha visión crítica e orixinal da realidade que os rodea, polo tanto non poden de ningún xeito ser insensibles ós problemas dun país, que se é rico en algo, é precisamente en carencias"

No hay comentarios:

Publicar un comentario