Temos
fama de ser traballadores, de traballar ata deslomarnos , algúns
chámanlle responsabilidade outros necesidade. Eu non sei moi ben
como chamar. Sei que traballamos dentro e fora de Galicia dende
sempre, cando os nosos campos estaban secos a xente iba a traballar a
sega e a vendimia de Castela, cando os campos foron deixando paso as
cidades, a xente comenzou a emigrar ao outro lado do Atlántico :
Mexico, Arxentina e Cuba foron os destinos do pobo galego .
A
nosa fama non tiña fronteiras, nos paises de América a os
emigrantes españois chamanlles "gallegos", tivemos
sempre os peores traballos, e non sempre ben pagados, por iso cando
vexo os emigrantes que volven, e traen diñeiro , penso se lles
compesou tanta amargura e tanto traballo. Algúns queren demostrar o
ben que lles foi , facendo boas casas e dando a entender a os veciños
a súa boa fortuna, outros non son tan afortunados. Pero todos eles
non se sinten nin galegos nin da terra que os acolleu, algúns deles
levan lonxe moitos anos polo que os seus descendentes xa os teñen
ali, onde sexa unha vida feita, outros senten sempre morriña de
aquelo que deixaron. Aqui deixaban a súas mulleres e os seus fillos,
creo que nunca se valorou suficientemente á muller do emigrante,
aquela que non só coidaba e educaba soa aos fillos senon que tamén
procuraba que o pouco que tiñan aqui se mantivese, sen capacidade
para poder negociar o manexar o patrimonio familiar.
Cando
falamos dos emigrantes, paréceme que nos refimos a os comenzos do
século XX. , Entre 1900 e 1981, a saída neta de galegos foi de máis
de 825.000, de feito, a cidade co segundo maior número galegos no
mundo é Bos Aires, Arxentina, onde a inmigración procedente de
Galicia foi masiva. Durante o franquismo, houbo unha nova onda de
emigración dende Galicia a outros países europeos, sobre todo a
Francia, Suíza, Alemaña e o Reino Unido. Pero hoxe temos outros
emigrantes. Aqueles que non encontran un traballo na súa terra e
teñen que ir a buscar a vida noutros lugares. Quero mencionar a
xente que finaliza os seus estudos e buscan unha nova vida fora, a os
que non encontran traballo porque pechan as empresas e deciden
buscar algún lugar que os acolla , e igual que se trate de xente
con estudos que sin eles, todos son emigrantes , aqueles que de
forma obligada deixan a súa terra para encontrar sustento noutra.
Nos
,que en todas as familias houbo algún emigrante, como podemos negar
o dereito de outras persoas a que veñan a buscar traballo aqui?.
Din
que en calquer lugar do mundo onde nos atopemos sempre habrá un
galego, quiza iso sexa certo por elo temos a fama de ser
traballadores e honrados, pero tamén o somos na nosa terra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario