domingo, 7 de diciembre de 2014
domingo, 23 de noviembre de 2014
LENDA DOS CHURRUCHAOS
Moi
preto de Santiago, no que hoxe é
o barrio de Conxo, vivían
no Castelo da Rocha Forte uns bandoleiros,
chamados Os Churruchaos , estes
eran protexidos do arcebispo da ciudade. Nese tempo vivía
en Santiago
un
capitán
que tiña unha filla moi fermosa e desexada por moitos homes. O
capitán tivo que partir a guerrear a África, ocasión que aproveita
o arcebispo compostelán para raptala, encerrándoa no Castelo da
Rocha Forte. Tras ter coñecemento de todo isto, o capitán regresa a Santiago o día da festa do Corpus Christi, durante a celebración da tradicional procesión pola cidade; ao chegar á Rúa de la Balconada o capitán no seu cabalo, e coa armadura posta, arremete contra o arcebispo coa súa espada dándolle morte alí mesmo, feitos que recolle unha copla popular:
"Preto dá rúa do Villar,
na rúa dá Balconada, mataron o arcebispo
por celos dunha dama". A tradición di que, tras o crime, a rúa foi purificada con sal e pechada para sempre. A continuación dirixiuse cara o Castelo da Rocha, cercouno e derrotouno, deixando nel a todos os churruchaos mortos entre as ruínas do castelo.
Complemento desta lenda é o dito de que neste lugar se ve, ás veces, unha galiña con poliños de ouro, chamada galiña dos churruchaos e que só se deixa ver por un momento e nunca se lle volve aparecer á mesma persona".
sábado, 22 de noviembre de 2014
A VIERIA NOS TRAXES DOS PEREGRINOS
Vou tratar con vós unha lenda que paréceme moi interesante, é pouco coñecida fóra de Santiago e perdura na miña familia.
Todos
vimos algunha vez un peregrino chegando a Compostela cunha cuncha de
vieira. ¿por que a levan?. Conta a lenda que cando os discípulos do
Apostol Santiago trasladaban o seu corpo nunha barca de pedra. Preto
das costas de Vigo, nunha aldea chamada Bouzas, estábase a celebrar
unha boda. Naqueles tempos, era costume facer xogos durante a
celebración, un xogo moi popular era "aborfada" ,que
consistía en lanzar unha bofarda ( unha especie de lanza ) polo aire
e os homes a cabalo tiñan que recollela. O noivo cando tivo que
facelo, lanzouna moi lonxe e él e o seu cabalo adentraronse ao mar e
non podían saír, nese intre pasaba a barca que levaba os restos do
Apostol e produciuse o milagre , e o home co seu cabalo apaeceron
vivos e cobertos de cunchas de vierias. Os
tripulantes da nave, na que viaxaban os restos do Apóstolo Santiago,
levantando a mirada ao ceo, exclamaron: "Verdadeiramente quere
Xesucristo manifestar ante ti o seu poder para ben e honra do vasalo
que levamos nesta nave a dar cristián enterramento. Quen a Santiago
desexe servir deberá visitalo alá onde fose enterrado levando
cunchas como esas das que ti estás cuberto".
domingo, 16 de noviembre de 2014
Historias do Pico Sacro.
Cerca de Vedra se atopa O Pico Sacro dominando o Val do Ulla. Moita xente de alí pensa que é un monte máxico. Eu non
sei si é certo ou non, pero o que si sei é que O Pico ten uns buratos xigantes nas rochas, e a xente local pensaba que os mouros vivian alí . Eles eran seres imaxinarios que tiñan poderes malignos sobre as
persoas, por exemplo din os vellos que cando non había luz, a xente tiña que levantar os pés do chan, xa que os mouros podían arrastralo a súas covas.
Tamén contan que as ovellas cando
iban pastar ao monte os pastores tiñan que ter coidado porque si
caían nos buratos, os mouros as comían e só deixaban o esqueleto.
A Raíña
Lupa é unha
personaxe
que
aparece no
Códice, sitúan o seu
pazo no cume do Pico Sacro e as súas terras nos arredores. A lenda
conta como os portadores do corpo do Apóstolo pediron á Raíña
Lupa un lugar para poder enterrar o corpo e esta os enviou ao
Promontorium Nerium,( cabo fisterra )*, lugar do
Ara Solis. O sacerdote deste templo apresou os discípulos pero
grazas a un milagre puideron escapar polo
ponte do Tambre
destruíndose
ao seu paso, deixando libres de novo os portadores do corpo.
A raíña Lupa ofreceu a estes de novo un lugar onde pacían "bois mansos" que poderían trasladar o corpo que milagrosamente fora recuberto cun sepulcro de pedra. Non obstante neste lugar non había animais mansos, senón bois salvaxes e un fero dragón que atacou os discípulos. Estes co "Sinal da Cruz" fixeron que as feras se amansasen e lles axudasen no porte do Apóstolo. A Raíña Lupa, sorprendida, convertiuse ao cristianismo e ofreceu un lugar para o enterro de Santiago. Este non era máis que un mausoléo romano construído para a sepultura dunha sobriña da raíña e para ela mesma e que nun futuro daría paso ao Campus Stellae, lugar de aparición da tumba do Apóstolo.

martes, 4 de noviembre de 2014
¿HALLOWEN O SAMAIN?
Samaín e unha festa
tipicamente celta, unha festa donde da comenzo oficial o inverno,
donde comenza a época da matanza, das castañas e onde se da unha
conmemoración aos mortos.
Neste país onde
falamos de "footing" e "jeans" agora metemos o
HALLOWEN, e queremos vela como unha celebración americana, que foi
introducida pola televisión e polas películas. Cando en realidade a
festa proven dos emigrantes irlandeses, coas suas costumes celtas, e
o arraigo da misma e do noso pobo.
Os nenos van polas
casas e piden agasallos coa frase de "truco ou trato" ,
esta festa caeu no olvido durante os anos do franquismo, xa que os
disfraces estaban prohibidos, comenzando de novo fai uns trinta anos,
cando comenzou mesturo use co Hallowen. Na Coruña os rapaces
escondíanse polos camiños coas cabazas
baleiras para asustar a xente que pasaba polas corredoiras, as
rapazas levaban colares feitos con castañas para alexar os malos
espíritos.
Gústame que se
recupere o Samaín pero coas súas raíces, e no seu orixen, somos un
país onde a morte esta presente, onde aos mortos se lles respeta e
onde a xente cree nos espíritus, polo que ten sentido que un día ao
ano fagamos a festa dos mortos.
domingo, 26 de octubre de 2014
CASTIGO AO FEISMO??
Estan
próximas
as eleccións autonómicas.
E que decide o goberno? Poñer freo "ao feismo":
solución unha multa que pode chegar aos 25.000 euros.
Isto ten dobre lectura:
En Galicia, onde a nosa paisaxe é a envexa do resto do Estado, onde a cor verde das súas paisaxes é o máis característico do pobo, durante moitos anos se construíu por todos os lugares sen un programa urbanístico, só basandose nos intereses caciquiles e a construción se facía onde mellor lle parecia a cada un, sen licenzas, sen control. Só amparandose na especulación.
Agora, de súpeto, decatámonos que as casas en Galicia non son o que queremos que sexan, non son a paisaxe suíza dos Alpes, e que noutras Comunidades como Asturias, Cantabria e País Vasco a paisaxe se coidou, as construcións adecuáronse á paisaxe e en Galicia quedouse á cola, por ganancias duns,perxudicouse a nosa terra. Só nalgúns lugares como Allariz se foron adecuando e neste momento se considera un dos lugares emblemáticos de Galicia.
Agora, preténdese poñer freo, cando durante anos persoas importantes do mundo da arquitectura e medio ambiente levan clamando pola súa loita contra o feismo. Medida a tomar: a multa, unha multa que non se pode levar a cabo porque se non se pode acabar o mes ,mal se pode arranxar a casa, pintala , os planteamentos urbanísticos que pretende a lei do solo do goberno autonómico. Deben incluír as medidas que garantan a blindaxe dá paisaxe, de forma que: nos lugares de paisaxe aberta ou natural non permitíranse ás construcións que limiten ou campo visual; ás construcións non poderán romper a harmonía dá paisaxe; a altura máxima dás edificacións fixarase en proporción ao ancho dás vías e espazos libres; ás cores dás edificacións deberán ser ás tradicionais; ás forma dos materiais deberán ser acordes coa paisaxe e construción do contorno e prohibiranse os tendidos aéreos.

E
o
mais grave é que
a
multa
a pondrá
o Concello, o que antes concedeu
a licenza ou no peor dos casos fixo a vista gorda mentres se facía
a
chapuza.
jueves, 16 de octubre de 2014
Qué ropa me poño hoxe?
En esta entrada quería tratar o tema do que a choiva significa na vida das persoas que viven en Galicia.
Un dos elementos que máis representa a Galicia son as súas duradeiras choivas que só descansan en verán. Aparte de ser un elemento representativo para Galicia, penso que tamén o é para todos os galegos. Eu penso que existen dúas opcións con respecto a este tema. Uns sosteñen que é un tempo horrendo e que non se pode estar a gusto na rúa mentres que outros opinan que é necesario para que na nosa paisaxe haxa tantas zonas verdes e tanta diversidade de árbores. Eu preferiría que houbera unha temperatura máis cálida para así os fines de semana poder facer moitas máis actividades. Por exemplo as actividades que realizaría serían ir máis á praia, facer máis acampadas e usar menos prendas de abrigo. En definitiva,o que máis valoro de vivir nun lugar con bon tempo é a oportunidade de disfrutar no exterior máis que si vivimos nun lugar cun tempo nefasto que non nos permita disfrutar tanto da vida.
Tamén é certo que a xente acostumbrada ao mal tempo e á choiva, cando hai unhas temperaturas altas mostra o seu descontento pola incomodidade do calor. Hoxe en día, xa non saben o que queren, cando ai días desastrosos a xente reza para que chegue o bon tempo e cando chega a calor a xente agóbiase e desexa de novo as baixas temperaturas. Polo tanto, eu penso que a xente non sabe o que quere. Estou convecido de que prefiro os veráns galegos aos veráns do sur débido a que alí non podes saír da casa pola calor que fai, pero tamén gustaríame que no invierno non chovese tanto.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)